IMMACULATE FOOLS, TABURETE E SOTO ASA ABRIRÁN NA PRIMEIRA SEMANA DE AGOSTO A NOVA EDICIÓN DE ESPAZO FEST, O FESTIVAL DOS PAZOS DE NIGRÁN

Espazo Fest o festival dos pazos de Nigrán, que se celebrou con gran éxito por vez primeira o pasado verán, está a celebrar este ano unha segunda edición cun cartel moi variado, no que o mes de agosto será o mes central  do certame. Nesta primeira semana que comeza actuarán Immaculate Fools, Taburete e Soto Asa.

A segunda edición do certame, enmarcada no Xacobeo 21-22, foi presentada o pasado sábado no Pazo de Urzáiz coa presenza de Marta Fernández Tapias, delegada da Xunta en Vigo e María Baltar, directora do festival Espazo Fest.

Polos pazos de Nigrán pasarán a partir desta semana bandas e artistas da talla de Immaculate Fools o 4 de agosto no Pazo de Urzáiz. A banda hispano-británico liderada por Kevin Weatherill chega a Espazo Fest para presentar o seu último traballo, ‘Stardust and Water’, pero tamén para celebrar os 36 anos da edición do primeiro single da popularísima banda de Kent, un traballo que lles deu a coñecer en todo o mundo e está considerado como un dos maiores hits da música británica. Estarán acompañados pola banda local The Mirror en formato dúo, na liña do festival de visibilizar tamén ás bandas locais.

Ao día seguinte, o fenómeno Taburete asolagará o Pazo de Cea sendo esta unha das citas máis esperadas do verán en Nigrán e a única neste pazo. A banda madrileña está a piques de esgotar entradas para este concerto no que presentarán o seu traballo, ‘Matadero 5’. Ademais, a artista Roma abrirá para eles esa noite. O 6 de agostoSoto Asa, unha das rutilantes estrelas da música urbana actual, quen xa ten colaborado con Yung Beef ou coa mismísimo Bad Gyal e un artista que dará moito que falar. O 12 de agosto será a quenda de Pol 3.14, o artista que se converteu nun fenómeno de masas co tema ‘No Time’, que funcionou como banda sonora da última temporada da popular serie ‘La Casa de Papel’, e un artista que é música pop, sen andrómenas e con personalidade, cancións que van do intimismo ao nervio épico, melodías tristes e alegres ao mesmo tempo, ademais dunha constante adaptación á actualidade. O ciclo pecharase o sábado 13 de agosto está confirmada a vibrante banda de soul viguesa The Soul Jacket, que presentarán o seu novo traballo, ‘Kick Radio’, un ecléctico e divertido paseo musical que nos transporta á radio americana de finais dos sesenta. Unha viaxe por todas as influencias posibles e imaxinables que percorre por un imaxinario dial todos as posibles cores e tesituras da música americana patentes no cóctel explosivo da banda viguesa. Estarán precedidos dunha das promesas da escena viguesa, Sara Casas.

Espazo Fest naceu o pasado ano como unha alternativa ao aire libre, para poder gozar os concertos malia as restriccións da pandemia. O concepto do festival pasa pola música nos xardíns dos pazos de Nigrán cunha conexión coa gastronomía e o patrimonio. Unha filosofía que casa moi ben con Cervezas Alhambra, quen por segundo ano consecutivo volven prestar o seu apoio a este evento que ten lugar en espazos máxicos e singulares como son os Pazos de Nigrán, onde a cervexeira convida a saborear as súas referencias ao compás das mellores propostas musicais.

A proposta do festival é vivir unha experiencia singular na que a música sexa un reclamo para achegarse a ese tesouro pouco coñecido que é o patrimonio arquitectónico dos pazos. Trátase de desfrutar destes espazos, moitos deles pechados habitualmente ao público, e deixarse envolver pola natureza dos xardíns onde medran magnolios señoriales e camelias centenarias.

Todas as entradas están á venda a través de espazofest.com e teuticket.com, e as localidades para o concerto de Taburete van camiño de esgotarse.

GL