O Pazo de Urzáiz prepárase para recibir a unha das bandas máis influentes e talentosas da música alternativa, Wilco. A aclamada agrupación americana presentarase no escenario principal de Espazo Fest, levando o seu inconfundible estilo e o seu cativador repertorio a miles de seguidores dentro da terceira edición do festival dos Pazos de Nigrán.
Wilco, a lendaria banda estadounidense, será a estrela principal do festival e actuará nos espectaculares xardíns do Pazo de Urzáiz o próximo 20 de agosto presentando o seu último traballo, “Cruel country”, onde poñerán en práctica nesa teoría de volta ás raíces que Jeff Tweddy deixa patente na nota de prensa deste álbum: “No pasado, sempre foi valioso e liberador para nós afastarnos da etiqueta country. Axudounos a crecer e manter as nosas mentes abertas á inspiración que vén de preto e de lonxe”.
Parece que despois de 25 anos desde o seu debut como Wilco, os estadounidenses deciden volver ás súas orixes e abrazar a música tradicional sen complexos. Aquela necesidade de fuxir da etiqueta country que tanto lles molestaba, aquela procura incesante da experimentación que lles converteu no que son, é agora unha oportunidade para facer as paces coa tradición. Esta nova versión de Wilco, outra máis dun camiño que xa opta a lendas da música americana, parece a ocasión inestimable para poder degustalos este verán dentro dun evento tan máxico como Espazo Fest.
O festival abrirá o próximo 20 de agosto coa actuación dunha das novas voces do folk americano, Tré Burt. A combinación perfecta de cancións de primeiro nivel e unha voz que leva a mensaxe a través de calquera barreira que poidas ter.
Ademais, para garantir a comodidade dos asistentes, dispoñerase, dunha ampla zona gastronómica e dun servizo de autobuses que conectará Porto do Molle co Pazo de Urzáiz, brindando unha forma fácil e conveniente de chegar ao recinto. Os horarios daranse a coñecer proximamente.
Espazo Fest, ou como converter música e patrimonio en maxia
Espazo Fest non é un simple festival. Trátase de unir pasado, presente e futuro xuntando o patrimonio natural e cultural dos Pazos de Nigrán coa maxia da música en directo. Espazos normalmente pechados ao público, convértense nun lugar de comuñón das artes, coa degustación de gastronomía seleccionada e o coñecemento do patrimonio e dos espazos botánicos.
Nesta nova edición, o festival volve contar co patrocinio do Concello de Nigrán, e Cervezas Alhambra, que por terceiro ano consecutivo volve prestar o seu apoio a este evento que terá lugar en espazos máxicos e singulares como os Pazos de Nigrán este verán.
As entradas continúan á venda a un ritmo acelerado a través de www.espazofest.com e www.teuticket.com a un prezo de 35€ (+g.g).