7 VOCES FEMININAS GALEGAS, EN ESPAZOFEST

Nigrán. 28 de julio de 2021EsPazoFest promove unha experiencia: música e actividades culturais e grandes xardíns ao aire libre, e cando comeza a caer o sol, na maravillosa entorna dos grandes pazos de Nigrán. Por iso á súa programación súmanse 7 novas voces femininas galegas: Sara Casas, Roma, Sanny, Zeltia e Irevire, Sheila Esencia, MJ Pérez e It’s Soul. Participa, ademais, Mon Band, a banda do vigués Mon Cancela.

Os concertos de presentación destes novos proxectos musicais de artistas galegas, serán nos mesmos días nos que se celebren os dos artistas consagrados que vertebran o cartel de EspazoFest. Celebraranse en zonas diferenzadas dos pazos. A partir das 19.30 horas, o público poderá acceder e desfrutar dos xardíns e da arquitectura pacega. Tamén do servizo de bar e gastronomía, con propostas especialmente coidadas para cada pazo. E despois poderá desfrutar dos concertos de artistas locais que comezan a desenvolver discursos musicais de primeiro nivel. Será antes das actuacións dos artistas cabeza de cartel.

Roma inaugurará as sesión este venres, o mesmo día no que comparece Carlos Sadness. Será no Pazo de Urzaiz, no que o sábado Sara Casas fará o propio coincidindo con Taburete. Sanny compartirá velada con Iván Ferreiro no Pazo de Cea.

Antes do solpor do xoves 5 de agosto, Zeltia e Irevire presentaranse ante o público que chegará ao Pazo de Touza para escoitar tamén a Marlango. O sábado 7, será Sheila Esencia a que compartirá velada con Tequila no Pazo de Urzáiz.

O 14 de agosto, no que canta Coque Malla, o público tamén poderá desfrutar da música de Mon Band. Unha semana despois, o 21 de agosto, MJ Pérez coincidirá no Pazo de Urzáiz con Depedro. O público que xa ten entradas para MClan -27 de agosto- tamén poderá desfrutar, en concerto ao aire libre, da forza da voz da viguesa It’s Soul.

ALTA DEMANDA DE ENTRADAS

As entradas para o concerto de Iván Ferreiro e Sanny no Pazo de Cea xa están esgotadas. As de Taburete e Sara Casas están a piques de esgotarse. E comezan a quedar poucas para as actuacións deste venres de Carlos Sadness e Roma.

O Festival EsPazoFest está tendo unha moi boa acollida. Antes de que comecen os concertos, xa esgotou preto do 50% das localidades disponibles para desfrutar da súa proposta: oito atardeceres de cultura e música ao aire libre, nos marabillosos pazos de Nigrán. Cando comeza a caer o sol do verán.

Cervezas Alhambra patrocina o EsPazoFest, que tamén apoian o Concello de Nigrán, a Xunta de Galicia, e o Xacobeo 21-22.

GL